Descubrindo o clima de España


En latitudes medias, España é un país esencialmente mediterráneo, exposto ó novo panorama do cambio climático global e á seca habitual que devasta colleitas e restrinxe actividades no contorno do Mare Nostrum: O clima en España. Tipos de tempo

Os vídeos que vos presentamos en portada remítennos a informes actuais e evidencias científicas que se veñen constatando neste século: incremento de choivas torrenciais e fenómenos de perturbación tropical, suba das temperaturas medias e riscos de elevación do nivel do mar, secas prolongadas que nos deben facer pensar sobre o uso racional da auga potable, un ben cada vez máis escaso.

1) Neste mes de outubro de 2007, a Mariña  Alta alacantina vivíu un dos temporais máis catastróficos que se lembren, ocasionado por un fenómeno de gota fría (ou ben DANA, depresión illada en niveis altos, tal e como denomina o INM) que ocasionou unha precipitación torrencial con máis de 400 litros por metro cadrado en pouco máis de 24 horas. Observa os vídeos con imaxes de satélite e coas consecuencias reais:

2) Le o seguinte texto de Manuel Toharia:

Quen máis asustados deberiamos estar pola degradación ambiental no seu conxunto somos os que formamos os países máis ricos. Porque somos os que máis temos que perder. E ó planeta non lle vai pasar nada. Non é el quen está ameazado; é o noso insensato, por despilfarrador, xeito de vida o que nos está poñendo en perigo a nós mesmos. A raigame de todos os problemas ambientais estriba no tipo de desenvolvemento que nos proporcionou ós ricos inimaxinábeis cotas de benestar e lonxevidade, pero que se fixo, e se está a facer, a costa dun consumo de recursos e uns impactos sobre o contorno absolutamente insostíbeis. Debemos deixar de ser, canto antes, unha auténtica “civilización do desperdicio” onde o nivel de residuos -de lixo, digámolo claro- é paralelo ó nivel de desenvolvemento (…) É obvio que nos enfrontamos a problemas ambientais integrados nos problemas de solidariedade mundial que van máis alá do tema atmosférico e climático. Pero nen sequera os defensores do medio ambiente queren ver o asunto dende este prisma sen dúbida complexo e global. E prefiren fixarse monotematicamente no quentamento do clima como única espada de Damocles sobre un mundo inerme ante a maldade das grandes corporacións multinacionais.”

Manuel Toharia (2006): O clima. Ed. Debate, Barcelona

3) Consulta aquí unha web con información de mapas meteorolóxicos de Europa históricos, a partir de 1880.

4) Consulta unha serie de mapas do tempo comentados sobre distintas situacións meteorolóxicas.

5) Visualiza exemplos de climogramas de España agrupados segundo os diversos dominios climáticos. Consulta un esquema de comentario de climogramas.

6) Resume os efectos do cambio climático en España segundo un informe de expertos publicado en novembro de 2007, do que extractamos este fragmento:

“Os rexistros fiables máis antigos de datos de temperatura e precipitación de que se dispón en España remóntanse á segunda metade do século XIX. Do estudo e análise destas series históricas observouse que as temperaturas mostran unha tendencia xeneralizada á alza en todo o territorio español con incrementos que oscilan entre 1 e 2 graos no período abranguido entre 1850 e 2005. Esta tendencia non é homoxénea, nin a escala temporal, nin espacial; de feito, ao longo do século XX pódense diferenciar tres ciclos: un de ascenso térmico, entre 1901 e 1949, un descenso dende esa data ata 1972 e un aumento dende 1973 ata os nosos días, sendo este último período o de máis rápido incremento.

• O quentamento foi máis acusado en primavera e verán, e nas temperaturas máximas.

• Por rexións, as máis afectadas polo quentamento son as situadas na metade oriental peninsular, cubrindo unha ampla franxa en torno ao mediterráneo que se estende dende Girona ata Málaga, incluíndo Castelló, Valencia, Alacante, Murcia e o Sueste peninsular.

• Nas Illas Canarias, os cambios no comportamento do clima son evidentes dende o punto de vista térmico, e similares aos observados na Península.

Así mesmo, observouse unha diminución dos días fríos e un aumento dos cálidos polo que, se se mantén esta tendencia, é de prever un incremento das ondas de calor similares á rexistrada no verán do 2003.”

 

2 thoughts on “Descubrindo o clima de España

  1. Pingback: Para traballar en Nadal « O blog de Xosé Antón

  2. Pingback: Aproximación á climatoloxía « O blog de Xosé Antón

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s