Gargallo en A Coruña


Gargallo Ata o 11 de novembro está presente no Kiosko Alfonso de A Coruña a exposición “Gargallo no seu museo”.
Este escultor zaragozano, nacido en Maella, trasladouse a Barcelona en 1888, onde comezará a súa formación artística, aínda que boa parte da súa vida transcorreu no bairro de Montparnasse de París. Nesta cidade, no ano 1903, viviu na comuna de artistas Le Bateau-Lavoir, con Max Jacob, Juan Gris e outros artistas “mortos de fame”, incluíndo ao seu amigo Picasso, do que modelou a súa cabeza nunha escultura.
Gargallo, influído polo seu amigo Xullo González, desenvolveu un estilo de escultura baseado na creación de obxectos tridimensionais de placas planas de metal, usando tamén papel e cartón. Mais tamén realizou esculturas máis tradicionais en bronce, mármore e outros materiais. A súa obra máis coñecida é a peza mestra O Profeta, de 1933, culminación do seu concepto cubista de escultura do oco, pero tamén posuidora dunha enerxía expresionista que conecta coa tradición bíblica.

Visita a exposición coa seguinte ficha de traballo: Ficha exposición de Gargallo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s