O traballo de “Historias paralelas”


Para o curso 2007-08, o alumnado de 1º Bacharelato do IES Xosé Neira Vilas (Perillo) de Historia do Mundo Contemporáneo ha de realizar unha serie de actividades que denominamos “Historias paralelas”. En concreto son 4 (Historia do traxe, Historia das bebidas, Ilustra e Filmia), para as que damos as seguintes pautas de traballo:

PAUTAS PARA OS TRABALLOS DE “HISTORIAS PARALELAS”:

  

1.- Resumo da bibliografía pertinente

2.- Traballo trimestral:

            1º trimestre: 1750-1850

            2º trimestre: 1850-1950

            3º trimestre: 1950-2007

3.- Recollida e comentario de imaxes ilustrativas de cada período

4.- Busca de bibliografía e webs ilustrativas

5.- Redacción a xeito de texto dixital, a ser posible con Presentación Powerpoint

Cada traballo ha de constar de:

a)      Introducción histórica breve ó período analizado

b)      Características xerais do período analizado canto á historia paralela elegida

c)      Ilustracións representativas e comentadas

d)     Resumo bibliográfico (bibliografía escrita e webs consultadas)

HISTORIA DO TRAXE

Punto de partida:

James Laver (2005): Breve historia del traje y la moda. Ed. Cátedra, Madrid.

Outra bibliografía:

Francisco de Sousa Congosto (2007): Introducción a la historia de la indumentaria en España. Ed. Istmo, Madrid.

  • Tratar de prestar atención á indumentaria de todas as clases e grupos sociais, aínda que a información se centre máis nos grupos privilexiados.

  

Algunha web interesante: www.histoire-image.org

  

HISTORIA DAS BEBIDAS

Tom Standage (2006): La historia del mundo en seis tragos. Ed. Debate, Barcelona.

Luis Benito García Álvarez (2005): Beber y saber: una historia cultural de las bebidas. Alianza Editorial, Madrid.

Prestar tamén atención á crítica sobre bebidas alcohólicas. Exemplo:

          Hogarth e a súa obra Gin Lane.      

ILUSTRA

Punto de partida:

Apartados do libro de texto

          Seleccionar imaxes (cando menos 3) para cada apartado: pinturas, gravados, fotografías (sempre que sexa posible, con carácter preferente)

          Todas as imaxes deben ir identificadas con:

o       Título

o       Fonte orixinaria: ¿de onde están recollidas?

o       Dimensións

o       Comentario das mesmas, atendendo a:

§         Lugar representado

§         Acción representada

§         Finalidade da representación (pode ser un cartel propagandístico ou unha caricatura,…)

§         Autor

§         Data

§         Comentario crítico da representación: valoración persoal

Algunhas webs:

www.histoire-image.org

http://www.alinari.it/

  

FILMIA

Punto de partida:

Análise de películas relacionadas coa Historia Contemporánea

Propostas de películas a analizar (1ª avaliación)

          Napoleón, baseada na novela de Max Gallo

          Tempos modernos, de Charles Chaplin

          Sentido e sensibilidade, baseada na obra de Jane Austen

          Xerminal, baseada na novela de Emile Zola

          O gatopardo, baseada na novela de Lampedusa

          Ana e o rei

Cada ficha de película ha de constar de:

o       Ficha técnica: director/a, guión, actores, música, ano de producción

o       Argumento. Se se trata dunha obra literaria a súa orixe, referencia tamén ó argumento literario

o       Época e acontecemento(s) histórico(s) que reflicte. Breve síntese dos feitos

o       Selección de vídeos e fragmentos da película colgados en youtube, con indicación puntual da dirección web, que tipo de acción transcorre e explicación da escena ou escenas

o       Se se visualiza a película enteira, valoración crítica e persoal

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s