O blog de Xosé Antón

Un espazo para CC. Sociais, Xeografía e Arte

Só as persoas que non coñecen a envexa son realmente libres

Cita do artigo de Manuel Vicent en El País: “Delación”, 2 de novembro de 2008. A xulgar polas verbas de Mary McCarthy, non debía ser esta unha virtude dos florentinos medievais:

“Avaros, envexosos e soberbios”, os florentinos estaban posuídos por un sentimento de rivalidade e independencia feroces, e por unha determinación que ninguén podía superar. Todos os cronistas están de acordo en que esta era a causa das súas axitacións civís: unha ambición sen límites e, como consecuencia, unha envexa arrogante. Cada home quería ser o primeiro e ningún podía tolerar que outro lle pasase por diante. As torres volvéronse cada vez máis altas a medida que os burgueses copiaban aos nobres, e a cidade quedou convertida nunha especie de Babel multiplicada, cun bo número de torres de sesenta metros de altura e algunhas incluso máis altas.”

Mary McCarthy: Pedras de Florencia”.

É un bo momento para lembrar ao autor de “A noiva de Matisse”.

Novembro 2, 2008 Publicado por xosea | Citas | | Aínda non hai comentarios

A fame, o amor e a curiosidade son as forzas motoras da vida

Cita extractada do libro “A pota de ouro”, do irlandés James Stephens. Acompañámola dunha interpretación tradicional da “Brian Boru’s March”.

Xullo 16, 2008 Publicado por xosea | Citas | | Aínda non hai comentarios

Culto é aquel que sabe onde atopar o que non sabe

Esta frase do sociólogo alemán Georg Simmel debe resumir o que eu espero de vós, que sempre queirades buscar respostas, investigar, saber, porque esa é unha das esencias do ser humán

Outubro 23, 2007 Publicado por xosea | Citas | | Aínda non hai comentarios