Terra de Troia, terra de Fócea, Asia Menor… Grazas a Eleftheria pola súa voz:
“O que el [Homero] cantou, ¿foi pura imaxinación?
¿Foi obra de fantasía esa escadra de mil duascentas naves lanzadas ao rescate de Helena, a raíña nacida dun ovo de cisne?
¿Inventou Homero iso de que Aquiles arrastrou ao seu vencido Héctor, atado a un carro de cabalos, e lle deu varias voltas arredor da cidade sitiada?
E a historia de Afrodita envolvendo a Paris nun manto de néboa máxica cando o viu perdido, ¿non terá sido delirio ou produto da ebriedade?
¿E Apolo guiando a frecha mortal cara ao calcañar de Aquiles?
¿Sería Odiseo, alias Ulises, o creador do inmenso cabalo de madeira que enganou aos troianos?
(…) Esas mulleres e eses homes, e esas deusas e eses deuses que tanto se nos asemellan, ciumentos, vingativos, traidores, ¿existiron?
Quen sabe se existiron.
O único seguro é que existen.”
Eduardo Galeano: “Espejos”.
Arquivado en: Música,Outro xeito de aprender,Outros