Un octógono áulico
A planta centralizada de San Vital de Rávena está baseada nun octógono central abovedado, en torno ao que se sitúa un deambulatorio en dobre planta; a transición entre a bóveda central e o deambulatorio faise mediante sete nichos e un oitavo que dá ao presbiterio cadrado e unha ábsida sobresaínte, poligonal ao exterior; a cabeceira complétase con dúas pequenas torres rectangulares aderidas, seguidas de capelas circulares (prótesis e diakonikon) rematadas ao exterior mediante unha absidiola rectangular. Na fachada occidental, o ingreso prodúcese mediante un nártice rectangular, oblicuo e tanxente nun dos vértices do octógono, que permite introducir no interior dúas torretas circulares -unha delas fai de campanille e a outra permite o ingreso ao xineceo; o nártice ábrese ao adro rectangular exterior.
A igrexa foi consagrada en tempos do bispo Maximiano, en 547-548, e conta cunha decoración musivaria que culmina nos retratos áulicos de Xustiniano e Teodora a ambas beiras da ábsida. Visualiza os principais mosaicos da igrexa.
O santo ao que se consagra o templo foi un mártir cristián de comezos do século IV -pouco antes do Edicto de Milán-, segundo conta Santo Ambrosio.
* A partir da información suministrada, recrea o contexto histórico-cultural de Rávena no século VI e analiza a arquitectura de San Vital.
Aínda non hai comentarios.
Deixa un comentario
-
Recente
-
Ligazóns
- Kalipedia
- ArteHistoria
- INE
- Meteogalicia
- AEmet
- Ciudad Pintura
- Apertium (tradutor)
- SIXPAC
- SIGPAC
- Museo do Prado
- Caladiños: O blog de Heladio
- Sine Nomine
- Josephine Baker
- O ano que vivimos perigosamente
- Sofia Rotaru
- A Terra do Preste Xoán
- IniciArte
- Bucovina
- Libro de Xeografía interactivo
- GeoCrítica
- Europeana
- AGE
- Cartothèque
- La cartographie de Le Monde Diplomatique
- Recursos de Hª da Arte
- Clic Sociais
- Presentacións en galego de Arte e Xeografía
- ArteSauces
- Web de Isaac Buzo
- Salle Virtuelle SB
- Ressources didactiques pour apprendre Géographie
- Revista Contraclave
- O blog de Sociais
- Novas de Historia
- Canal Educatif
- L'Histoire par l'image
- eltiempo.es
- España a traverso dos mapas
- O blog de xeografía de Ana
- Blog de xeografía de Pedro Oña
-
Arquivos
- Novembro 2009 (12)
- Outubro 2009 (16)
- Setembro 2009 (7)
- Agosto 2009 (1)
- Xuño 2009 (2)
- Maio 2009 (3)
- Abril 2009 (6)
- Marzo 2009 (9)
- Febreiro 2009 (13)
- Xaneiro 2009 (15)
- Decembro 2008 (10)
- Novembro 2008 (17)
-
Categorías
-
RSS
Entradas RSS
Comentarios RSS
