Ven de ser publicado o descobremento da Venus paleolítica máis antiga, segundo un estudo asinado na revista Nature (ver vídeo) e recollido en diversos medios. Óllao en El Mundo. Trátase dunha pequena estatuiña de marfín atopada nunha cova da rexión de Suabia. Cunha antigüidade de cando menos 35.000 anos, trátase dunha imaxe cunha forte hipertrofia [...]
Arquivo de Maio, 2009
Venus de Hohle Fels
Posted in Arte, Arte prehistórica on Maio 14, 2009 | Deixa un comentario »
Tres Grazas
Posted in Arte on Maio 12, 2009 | Deixa un comentario »
Aglaia (resplandecente), Eufrósine (gozosa) e Talía (florecente) eran as tres Grazas descritas por Hesíodo na súa Teogonía. Ao servizo de Afrodita, eran virxes puras que vivían cos deuses, asistían aos banquetes e espertaban a ledicia de vivir. Iconográficamente, a tradición é presentalas entrelazadas como se fosen a encarnación de tres atributos do amor. Ao longo da historia [...]
Desequilibrios territoriais
Posted in Xeografía on Maio 7, 2009 | Deixa un comentario »
Xa temos aludido ás diferenzas na litoloxía, o relevo, a climatoloxía, vexetación e outros aspectos físicos no Estado español. Como espazo meridional de Europa, a encrucillada atlántico-mediterránea testemuña claros contrastes entre áreas xeográficas de orientación dispar.
Mais, aos contrastes físicos podemos engadir os desequilibrios demográficos, económicos e de renda. Segundo datos de 2008, tres CCAA (Andalucía, [...]