Recopilamos para vós as entradas que no curso académico anterior fixemos para estudar o sector primario español, o sector secundario e o sector servizos. Debedes actualizar os datos a partir das cifras publicadas polo INE na publicación España en cifras 2008, concretamente atendendo aos capítulos XII a XVI -inclusives-.
* A partir desta documentación, esquematicemos as características [...]
Arquivo de Marzo, 2009
Economía en España
Posted in Xeografía, Xeografía económica on 24/03/2009 | Deixa un comentario »
Crónica bretona
Posted in Arte, Historia, Literatura, Xeografía on 19/03/2009 | 5 Comentarios »
Permitídeme empezar esta crónica bretona (Istoer a Vreizh) antes de emprender a viaxe. Permitídeme lembrar a recreación que Mario Vargas Llosa facía da viaxe a Bretaña de Paul Gauguin, o mestre postimpresionista que antes de viaxar ás antípodas (a Tahití en particular) pasou en compañía doutros pintores un tempo en Bretaña (entre 1886 e 1891). [...]
Tempestade enigmática
Posted in Arte, Arte renacentista on 19/03/2009 | 1 Comentario »
Con data e tema non aclarados, o pintor veneciano Giorgione (que aúna na súa obra o sfumato leonardesco coas veladuras dos mestres flamengos, e incorpora a luz e a cor como elementos capitais da factura veneciana) preséntanos A tempestade, pintura enigmática onde as haxa. Resoan os ecos de críticos e historiadores sobre as interpretacións do cadro. [...]
No teito da Sixtina
Posted in Arte, Arte renacentista on 17/03/2009 | Deixa un comentario »
Alá por abril de 1994, hai xa quince anos, cando Xoan Paulo II reinaugurou a restaurada bóveda da Capela Sixtina (que xa sufrira outras restauracións en 1556, 1712 e 1904), apareceu aos ollos dos visitantes un Miguel Anxo colorista, tanto que moitos deles se facían a pregunta de por que se tiñan usado cores [...]
Intercambio con Bretaña
Posted in Historia, Xeografía on 10/03/2009 | Deixa un comentario »
Ímonos a Vannes, ao collège Nôtre Dame le Ménimur. Perfeccionaremos o francés e coñeceremos a cultura bretona, ademais de visitar París.
Vannes é unha vila de pouco máis de 50.000 habitantes, que foi fundada a finais do século I a.C. co nome de Darioritum, que posteriormente se reforzaría con murallas melloradas en época medieval. Ubicada no [...]
Buonarroti, agonía e éxtase
Posted in Arte, Arte renacentista on 10/03/2009 | Deixa un comentario »
O 6 de marzo de 1475 naceu en Caprese Miguel Anxo Buonarroti, que aos trece anos se atopaba no obradoiro de Ghirlandaio, antes de entusiasmarse pola escultura e visitar asiduamente o Xardín de San Marcos, no que se congregaban boa parte das esculturas antigas reunidas polos Médicis. Despois de recrearse na cultura [...]
O sorriso de Leonardo
Posted in Arte, Arte renacentista on 05/03/2009 | Deixa un comentario »
Hai anos que se pode observar a Última Cea de Leonardo en alta definición, tras a súa restauración no refectorio de Santa Maria delle Grazie de Milán. E hai máis tempo aínda que ven sendo obxecto de reutilización por parte dos publicistas para reclamar atención sobre automóbiles ou roupas de moda; velaí as campañas de [...]
Bramante en Roma
Posted in Arte, Arte renacentista on 02/03/2009 | Deixa un comentario »
O período de Bramante en Roma -onde chega en 1499 e permanece ata a súa morte en 1514, un ano despois da defunción do Papa Xulio II- correspóndese co auxe do Clasicismo arquitectónico impulsado pola corte papal, que convirte á Cidade Eterna na nova Xerusalén. E alí debulla o arquitecto de Urbino proxectos tan [...]
Vocabulario de demografía
Posted in Xeografía, Xeografía da poboación on 02/03/2009 | Deixa un comentario »
Aquí deixamos o vocabulario de demografía para alumnas/os desesperadas/os (é un dicir) antes dun exame.