Como este é un blogue escolar, cómpre ás veces facerse eco de problemas escolares. E por iso vou reproducir, nesta anotación nº 150 do meu blogue unha reflexión que, noutro contexto, fixo o profesor francés François Bégaudeau cando publicou en 2006 Entre les murs (A clase), recentemente ollada en España na súa versión cinematográfica. Claro [...]
Arquivo de Febreiro, 2009
“Na clase”, con Bégaudeau
Posted in Literatura on 28/02/2009 | Deixa un comentario »
Slums de Mumbai
Posted in Xeografía, Xeografía urbana on 27/02/2009 | Deixa un comentario »
O barrio chabolista de Garib Nagarde recibe como heroes aos protagonistas do filme Slumdog Millionaire despois do éxito nos Oscar 2009 da película.
É o momento de lembrar que Mumbai (antiga Bombay), con máis de 19 millóns de persoas en 2004, é a quinta cidade máis poboada do planeta. Mais a urbanización desta e outras cidades do [...]
Ensanches
Posted in Xeografía, Xeografía urbana on 26/02/2009 | Deixa un comentario »
O crecemento da cidade industrial, frente á compacidade das mazás dos cascos históricos, realízase seguindo planimetrías ortogonais con viais anchos (ata 20 metros, 10 para beirarrúa, 10 para calzada) que permiten a instalación da burguesía e as novas clases proletarias que se insertan no medio social urbano. O plan de Ensanche de Ildefons Cerdà para Barcelona [...]
Ritmo botticeliano
Posted in Arte, Arte renacentista on 23/02/2009 | Deixa un comentario »
No círculo humanista do que se rodeou Lorenzo de Médicis, a filosofía neoplatónica de Ficino e o amor pola resurrección da antigüidade de Poliziano acadaron unha plasmación pictórica na obra de Sandro Botticelli. En obras como a Primavera -verdadeiro tratado de mitoloxía- e o Nacemento de Venus [olla outro comentario] son evidentes as [...]
Perspectiva mantegnesca
Posted in Arte, Arte renacentista on 19/02/2009 | 1 Comentario »
Con espírito de arqueólogo e coleccionista, cunha racionalidade perspectiva digna do mellor xeómetra, Andrea Mantegna plasmou no Pazo Ducal de Mantua unha galería de retratos -de perfil, en tres cuartos, de fronte ao espectador- na que os membros da familia Gonzaga están perfectamente caracterizados. Mantegna creou un dos meirandes enganos visuais de todos os [...]
Herdanzas urbanas
Posted in Xeografía, Xeografía urbana on 17/02/2009 | Deixa un comentario »
O plano urbano delata a herdanza viaria e socio-cultural do pasado no espazo. Moitas veces, o emprazamento dos principais núcleos urbanos obedeceu a factores defensivos, administrativos e comerciais, aos que se foron engadindo outros: industriais, culturais, turísticos,… que completan as funcións urbanas e deixan pegada na súa planimetría. Aos modelos irregulares (casco histórico de Toledo) [...]
A luz de Piero
Posted in Arte, Arte renacentista on 16/02/2009 | Deixa un comentario »
A luz fría e clara inunda os cadros de Piero della Francesca. Escritor de tratados de xeometría e perspectiva, aplica na súa obra pictórica o interese por dotar de volume e monumentalidade ás figuras, que adoptan unha tranquilidade mística nas súas poses. Así o podemos observar no Bautismo de Cristo da National Gallery de [...]
Lendo a Schlink
Posted in Historia, Literatura on 15/02/2009 | Deixa un comentario »
O contexto histórico no que se desenvolve “O lector”, de Bernhard Schlink, remítenos directamente ao Holocausto e a conciencia de culpabilidade de grande parte da sociedade alemana de postguerra. As referencias a visitas concretas como o campo de concentración de Struthof-Natzweiler, as alusións ao campo de exterminio de Auschwitz-Birkenau, guían unha historia tecida con múltiples [...]
Masaccio
Posted in Arte, Arte renacentista on 10/02/2009 | Deixa un comentario »
A renovación da narración relixiosa e da imaxe sagrada foron acometidas polo xove Masaccio no primeiro tercio do século XV. Colaborador do seu mestre Masolino da Panicale na capela Brancacci da Igrexa do Carmine de Florencia, abandona o estilo internacional para retomar o gusto polas figuras sólidas herdadas de Giotto e integralas [...]
David, símbolo florentino
Posted in Arte, Arte renacentista on 09/02/2009 | Comments Off
Dentro dos “filósofos cos pés descalzos” (como tilda Mary McCarthy a algúns artistas do Quattrocento), Donatello renovou a escultura, soubo imprimir un novo realismo individualizante ás imaxes relixiosas, recuperou o sentido da estatua clásica -de nobre e grave plástica- en mármore e bronce, e renovou o relevo. O David de bronce, o primeiro espido total [...]
Aproximación urbana
Posted in Xeografía, Xeografía urbana on 08/02/2009 | Deixa un comentario »
Xa nos aleccionou Emrys Jones en “Metrópoles” sobre o longo camiño percorrido pola urbanización, desde a antiga revolución neolítica definida por Gordon Childe ata as urbes das grandes civilizacións hídricas nacidas á beira do Indo, do Tigris ou do Nilo; xa nos informou do crecemento urbano baixomedieval vencellado á expansión do comercio en cidades como Venecia [...]
Ovo de pé sobre mármore liso
Posted in Arte, Arte renacentista on 03/02/2009 | Deixa un comentario »
Arquitectos de toda Italia foron invitados en 1418 a un concurso para a construción da cúpula do Duomo de Florencia. Alí acudíu Filippo Brunelleschi, que dezasete anos antes perdera un certame para ver quen esculpía as segundas portas do baptisterio. Despois Filippo foi a Roma e, gañando a súa vida como ourive, estudou os [...]
O cambio demográfico español
Posted in Xeografía, Xeografía da poboación on 03/02/2009 | Deixa un comentario »
Ao longo do século XX constátanse varios sucesos demográficos que podemos consignar na superposición das pirámides de poboación de 1950 (en verde na imaxe superior) e a de 2001 (cos diversos grupos de idade en negro): a) en primeiro lugar, o crecemento xeral da poboación, que de case 28 millóns de persoas pasa a case [...]