Somos 46 millóns
Segundo datos do INE, a poboación empadroada en España a 1 de xaneiro de 2008 ascendía a 46.157.822 habitantes, dos que o 50,5% eran mulleres. Un ano máis, o incremento demográfico acentúa a imaxe de España como Estado de acollida de inmigrantes -situación que ven sendo moi significativa desde finais da década de 1990-. De feito, o número de inmigrantes supera xa os 5 millóns de persoas, o que equivale ao 15,5% do total (case 1 de cada 6 residentes en España non é nativo).
A poboación en España multiplicouse por 2,48 con respecto á censada a comenzos do século XX. O incremento ao longo da Idade Contemporánea é continuo, partindo dos pouco máis de 10 millóns de habitantes consignados no censo de Floridablanca de 1787, e triplicando o valor do primeiro censo universal e oficial moderno, elaborado en 1857 (cando a poboación en España ascendía a máis de 15 millóns de residentes).
Canto á distribución territorial, o incremento demográfico con respecto a 2007 é positivo en todas as provincias, a excepción das de Ourense e Zamora. Superouse o 3% de crecemento nese mesmo período en áreas mediterráneas (Málaga, Almería, Alacant, Castelló, Baleares, Tarragona, Girona, Lleida), Madrid e, especialmente, as provincias limítrofes desta, como consecuencia da expansión urbana da metrópole capitalina (Guadalajara, Toledo).
Un total de 61 municipios de toda España superan os 100.000 habitantes, e deles só 6 están por enriba dos 500.000 (Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Zaragoza e Málaga). Os 100 municipios máis poboados do Estado (dos 8112 que se contabilizan) agrupan ao 46,8% da poboación. Mais outro dato que indica a concentración demográfica é que nos 10 municipios máis poboados reside case o 20% da poboación total.
Consulta o RD 2124/2008 polo que se dá oficialidade a estes datos.
* Descarga os datos do movemento natural da poboación en 2007 e calcula as taxas de natalidade, mortalidade e mortalidade infantil xerais de España e resultados por CCAA.
Aínda non hai comentarios.
Deixa un comentario
-
Recente
-
Ligazóns
- Kalipedia
- ArteHistoria
- INE
- Meteogalicia
- AEmet
- Ciudad Pintura
- Apertium (tradutor)
- SIXPAC
- SIGPAC
- Museo do Prado
- Caladiños: O blog de Heladio
- Sine Nomine
- Josephine Baker
- O ano que vivimos perigosamente
- Sofia Rotaru
- A Terra do Preste Xoán
- IniciArte
- Bucovina
- Libro de Xeografía interactivo
- GeoCrítica
- Europeana
-
Arquivos
- Xuño 2009 (2)
- Maio 2009 (3)
- Abril 2009 (6)
- Marzo 2009 (9)
- Febreiro 2009 (13)
- Xaneiro 2009 (15)
- Decembro 2008 (10)
- Novembro 2008 (17)
- Outubro 2008 (11)
- Setembro 2008 (5)
- Agosto 2008 (1)
- Xullo 2008 (1)
-
Categorías
-
RSS
Entradas RSS
Comentarios RSS


