Feeds:
Anotacións
Comentarios

Arquivo de Xaneiro, 2009

  
No proceso de afirmación do individuo e reprodución fidedigna da realidade, Jan Van Eyck xoga un papel primordial, tal e como nos confirma Todorov en Eloxio do individuo. Desde a representación dun Adán mundano -un home de faciana e mans máis escuras que o resto do corpo, un modelo real sometido ao traballo de [...]

Read Full Post »

 
As “Moi Ricas Horas do duque de Berry”, realizadas polos irmáns Limbourg, reflicten ben -na miniatura- as características propias da arte europea nos comezos do século XV: o refinamento e a elegancia propias do mundo da corte -con figuras estilizadas-, a tendencia cara ao decorativo -amosando o esplendor dos traxes e adornos- e a profunda [...]

Read Full Post »

Definitivamente, o Prado ven de confirmar que O coloso é goyesco, non de Goya (le o artigo de Calvo Serraller). Será entón de A.J., Asensio Juliá? Accede ao estudo publicado polo Museo do Prado.
Moitos libros e comentarios vai haber que refacer. Incluso quedou orfo un relato de Mújica Lainez na súa obra “Un novelista no Museo [...]

Read Full Post »

Simone Martini debeu nacer en Siena a finais do século XIII. Traballou para o Palazzo Publico da cidade, onde deixou o seu nome no fresco da Maestá, cara a 1315. O máis reputado traballo que realizou foi sen dúbida o tríptico da Anunciación, xunto a Lipo Memmi, en 1333, para o altar de Santo Tomé [...]

Read Full Post »

   
Conta a lenda que, cando pasou Cimabue pola aldea de Vicchio, no val de Mugello, víu a un pastor pintar o seu rabaño sobre unha táboa. Cimabue decidíu levalo con el e instruilo no oficio da pintura; aquel pintor que se deixaba guiar pola Natureza, que acabaría concebindo a figura humana con liñas amplas e [...]

Read Full Post »

Unha cicloxénese explosiva

Non debe ser a meteoroloxía a máis exacta das ciencias. Mais seguro que a responsabilidade e previsión das institucións nas sociedades ricas do primeiro mundo está á altura das circunstancias para evitar riscos innecesarios. Tal aconteceu no día de onte, cando unha “treboada perfecta”, unha cicloxénese explosiva, avanzou barrendo o norte peninsular con ventos que [...]

Read Full Post »

EPA 2008

    
O INE ven de publicar os datos correspondentes á Enquisa de Poboación Activa no cuarto trimestre de  2008, nos que se confirma a recesión no emprego e se pode comprobar o notable incremento interanual da cifra de parados. Un resumo do mesmo incide nos datos fundamentais que tratamos de expresar en gráficas. En conxunto, [...]

Read Full Post »

  
A ampla representación da Virxe María nas portadas góticas resalta o significativo papel que xoga o culto mariano desde o século XIII en adiante. Así o testemuñan representacións escultóricas como a da Virxe Branca [ver imaxe] do parteluz da catedral de León, e tamén o ciclo da Anunciación e Visitación  [ver imaxe] nas xambas da fachada occidental da [...]

Read Full Post »

Desde finais do século XX, España converteuse nun Estado de acollida, un territorio de inmigrantes que incrementa a súa poboación de xeito continuo. Lonxe daquelas proxeccións demográficas que consideraban os 40 millóns de habitantes como un teito case infranqueábel, hoxe en día o incremento de poboación que provén de Hispanoamérica, o Norte de África ou [...]

Read Full Post »

  
“Cincuenta e sete rosas ou óculos, tres enormes rosetóns, máis de cento vintecinco fiestras… A profusión de vidro é tan fabulosa (mil oitocentos metros cadrados, le o viaxeiro nas súas guías) que este non sabe onde atender nin desde que sitio mirar ese xogo infinito de figuras e cores que cubre toda a fábrica, [...]

Read Full Post »

El Prado en Google Earth

 
Obras mestras de El Bosco, Van der Weyden, Fra Angelico, Velázquez ou Goya xa están accesíbeis en altísima resolución en Google Earth.
As obras dispoñíbeis son:  A Crucifixión, de Xoan de Flandes; O cabaleiro da man no peito, de El Greco; As Meninas, de Velázquez; O soño de Xacob, de Ribera; 3 de maio, de Goya;  A [...]

Read Full Post »

    
O sistema estrutural adoptado polas arquitecturas góticas emprega arcos apuntados de maior flexibilidade que os semicirculares románicos, bóvedas de crucería nervadas que concentran as forzas portantes en puntos dispersos do muro e arcobotantes que funcionan como reforzos lineais.
“A mediados do século XII, o uso case exclusivo das bóvedas de aresta que se dá nas [...]

Read Full Post »

xe

Read Full Post »

Somos 46 millóns

    
Segundo datos do INE, a poboación empadroada en España a 1 de xaneiro de 2008 ascendía a 46.157.822 habitantes, dos que o 50,5% eran mulleres. Un ano máis, o incremento demográfico acentúa a imaxe de España como Estado de acollida de inmigrantes -situación que ven sendo moi significativa desde finais da década de [...]

Read Full Post »

 
O día da Epifanía de 1552, o elefante Solimán chegou a Innsbruck, tal e como nos conta Saramago en A viaxe do elefante. Guiado polo seu cornaca Fritz, antes Subhro, despertou admiración entre a poboación local, como viña facendo desde as orixes dun treito que se iniciara en Lisboa e continuara por Valladolid, Rosas, [...]

Read Full Post »