Chegou “El Greco”
Baseada nunha adaptación libre da novela de Dimitris Siatopoulos “El Greco, o pintor de Deus”, a película protagonizada por Nick Ashdon, Juan Diego Botto e Laia Marull retrata a traxectoria artística de Doménikos Theotokópulos desde o seu período de formación cretense ata a instalación en Toledo como artista valorado, incluíndo o seu paso polo obradoiro venecián de Tiziano.
A trama incide na relación entre O Greco -pintor que captou nas súas obras os ideais da Contrarreforma- e o cardeal Fernando Niño de Guevara, grande inquisidor retratado en torno a 1600 polo pintor cretense; as relacións de amor-xenreira entrambos personaxes culminan co proceso acusatorio contra o pintor polo tribunal da Inquisición. Por outra banda, en escena entra a inspiración feminina de Jerónima de las Cuevas -muller de alta sociedade ou de ascendencia mourisca?-, coa que o artista tivo un fillo non bautizado chamado Jorge Manuel.
Esas brétemas da vida do Greco son aproveitadas polo film para crear unha atmosfera abafante e inquisitorial, como corresponde á promovida polo Tribunal do Santo Oficio e á España finisecular do século XVI, e tecer unha historia que vibra, de paso, con algunhas das grandes obras do autor, como O Expolio e o Enterro do Conde de Orgaz.
Non podemos deixar de aludir a outras obras literarias -recentes e non tanto- que se inspiran na vida do Greco ou o seu descedente. Tal é o caso da novela de Manuel Ayllón La conjura de El Greco, a de Silvia Plager Las damas ocultas del Greco ou El laberinto, do noso benquerido Mújica Láinez.
Aínda non hai comentarios.
Deixa un comentario
-
Recente
-
Ligazóns
- Kalipedia
- ArteHistoria
- INE
- Meteogalicia
- AEmet
- Ciudad Pintura
- Apertium (tradutor)
- SIXPAC
- SIGPAC
- Museo do Prado
- Caladiños: O blog de Heladio
- Sine Nomine
- Josephine Baker
- O ano que vivimos perigosamente
- Sofia Rotaru
- A Terra do Preste Xoán
- IniciArte
- Bucovina
- Libro de Xeografía interactivo
- GeoCrítica
- Europeana
-
Arquivos
- Xuño 2009 (2)
- Maio 2009 (3)
- Abril 2009 (6)
- Marzo 2009 (9)
- Febreiro 2009 (13)
- Xaneiro 2009 (15)
- Decembro 2008 (10)
- Novembro 2008 (17)
- Outubro 2008 (11)
- Setembro 2008 (5)
- Agosto 2008 (1)
- Xullo 2008 (1)
-
Categorías
-
RSS
Entradas RSS
Comentarios RSS

