Polípticos, por Nieto Alcaide
Na última conferencia sobre a arte flamenca celebrada na sede da Fundación Barrié en A Coruña, o profesor Nieto Alcaide disertou sobre os polípticos, incidindo no seu carácter articulado e móbil, como exemplos de “artiluxios para o relato” que, a partir do século XV, veñen a sustituir aos grandes ciclos de escultura aloxados nas portadas dos templos medievais ou ás historias citadas nas vidreiras das grandes catedrais.
O profesor Nieto insistíu na descontextualización destas obras hoxe en día, ubicadas como están en salas de iluminación uniforme dos museos, aínda que no seu día foron imaxes devocionais e representativas, situadas en capelas e igrexas nas que daban fe do poder de comitentes e doantes, pretendendo impactar no fiel a través das súas cores e detalles. Os polípticos foron planificados segundo a simetría entendida ao xeito dos gregos (relación armónica entre as partes que os compoñen), e permitiron a súa transportabilidade a lugares onde exercían unha funcionalidade específica, pois ben podían servir para celebrar diante deles a eucaristía nun hospital ou nun campo de batalla.
Partindo de dípticos de marfín e evanxeliarios, os exemplos fixéronnos sorprendernos co carácter teatral dalgunhas obras como o “Políptico do Xuizo Final“ [ver pechado] de Van der Weyden ou o “Políptico de San Bavón de Gante” [ver pechado] dos irmáns Van Eyck, tan diferentes segundo estean abertos ou pechados. Fronte á rixidez dos retablos (ex.: “Retablo de Todos os Santos” , de Pere Serra), os polípticos exhiben un efecto teatral fabuloso, no que artistas como Van der Weyden desplegan todo o seu potencial expresivo (“Descendemento”, “Tríptico do Calvario”, “Tríptico da Redención”).
Por último, o profesor Nieto insistiu no carácter adiantado canto á representación da realidade e do retrato nos polípticos flamencos, que influiron de xeito ben significativo na arte italiana do século XV, máis acostumada en principio á busca do ideal clásico; disto é boa mostra a expectación causada pola chegada do “Tríptico Portinari” -realizado por Van der Goes- a Florencia, onde influiría en autores como Domenico Ghirlandaio.
“Así pois, a arte flamenca aporta ao mundo algo novo. Polo demáis, os amantes da arte e das letras italianos serán os primeiros en decatarse e en interesarse por isto. Aínda que as comunicacións entre países eran entón lentas, a gloria dos artistas flamencos exténdese por Italia xa en vida destes grazas aos viaxeiros e aos mercadores. Despois de todo, os Arnolfini e os Cenami son italianos instalados en Bruxas. (…)
Na segunda metade do século [XV] o entusiasmo en Italia pola pintura flamenca non fai senón reforzarse. As cortes rivalizan entre sí no seu desexo de dispor de obras flamencas ou de estilo flamenco. Federico de Montefeltro, o famoso duque de Urbino, decide importar aos propios artistas. (…)
Os artistas italianos non permanecen indiferentes ante esta evolución do gusto dos seus mecenas. Algúns viaxan a Flandes para aprender o oficio con algún mestre. (…) Non obstante, a maioría limitarase a estudar as obras que hai en Italia, das que a influenza non tardará en percibirse. (…)
O pintor italiano que asimilará de forma máis completa as ensinanzas flamencas e ofrecerá resultados máis brillantes é Antonello da Messina (cara a 1430-1479).”
Tzvetan Todorov: Eloxio do individuo. Ensaio sobre a pintura flamenca do Renacemento.
Aínda non hai comentarios.
Deixa un comentario
-
Recente
-
Ligazóns
- Kalipedia
- ArteHistoria
- INE
- Meteogalicia
- AEmet
- Ciudad Pintura
- Apertium (tradutor)
- SIXPAC
- SIGPAC
- Museo do Prado
- Caladiños: O blog de Heladio
- Sine Nomine
- Josephine Baker
- O ano que vivimos perigosamente
- Sofia Rotaru
- A Terra do Preste Xoán
- IniciArte
- Bucovina
- Libro de Xeografía interactivo
- GeoCrítica
- Europeana
-
Arquivos
- Xuño 2009 (2)
- Maio 2009 (3)
- Abril 2009 (6)
- Marzo 2009 (9)
- Febreiro 2009 (13)
- Xaneiro 2009 (15)
- Decembro 2008 (10)
- Novembro 2008 (17)
- Outubro 2008 (11)
- Setembro 2008 (5)
- Agosto 2008 (1)
- Xullo 2008 (1)
-
Categorías
-
RSS
Entradas RSS
Comentarios RSS
