Teodora
“Unha vez díxome -este era o relato de seu pai, só e amargado, en resposta a algunha pregunta lamentablemente audaz de Xoan- que nunha ocasión representou unha parodia sobre Leda e o cisne ante miles de espectadores nun teatro público de Constantinopla. Sementou grans por todo o corpo e tamén baixo a faixa de coiro que cubría as súas partes íntimas, o único que levaba posto. Trouxeron un ganso, e este comezou a picotear todos os grans, mentres ela se retorcía no chan berrando que a violaban. Despois paríu un ovo. Teodora aseguraba que encantou á multitude. “Ruxían!”, dicía con deleite. Realmente gustaríache tela aquí? Para que todo o pobo de Bostra ruxa diante dela? Eu estiven o suficientemente tolo como para querer traela aquí. Alédate de que nunca viñese.”
Pero ante a muller sentada en medio da súa púrpura imperial, que o miraba con ollos feroces, estas descripcións, que o atormentaran durante anos, parecíanlle [a Xoan] fabulacións tolas e sen sentido.”
Gillian Bradshaw: “Teodora, emperatriz de Bizancio.”
Lixeiramente desprazada do centro da composición, con grandes ollos escrutadores, míranos a emperatriz Teodora desde a beira meridional do presbiterio de San Vital de Rávena. Acompáñaa o seu séquito, integrado por Antonia e Xoana, muller e filla respectivamente do xeneral Belisario, amigas íntimas da monarca; un conxunto de doncelas tratadas con evidente isocefalia e ricamente engalanadas pecha o grupo pola dereita, mentres no extremo contrario se atopan dous dignatarios masculinos da corte cesaropapista bizantina. A emperatriz, ricamente tocada coa clámide púrpura e enxoiada con colares, pendentes e coroa de perlas, porta un cáliz de ouro con obxecto da consagración do templo, aspecto ao que probablemente alude a fonte de auga situada á esquerda da visión do espectador; a túnica de Teodora aparece ornamentada cunha escena da Adoración dos Reis Magos. Bota unha ollada polo miudo á obra.
* Infórmate sobre a figura de Teodora.
Aínda non hai comentarios.
Deixa un comentario
-
Recente
-
Ligazóns
- Kalipedia
- ArteHistoria
- INE
- Meteogalicia
- AEmet
- Ciudad Pintura
- Apertium (tradutor)
- SIXPAC
- SIGPAC
- Museo do Prado
- Caladiños: O blog de Heladio
- Sine Nomine
- Josephine Baker
- O ano que vivimos perigosamente
- Sofia Rotaru
- A Terra do Preste Xoán
- IniciArte
- Bucovina
- Libro de Xeografía interactivo
- GeoCrítica
- Europeana
-
Arquivos
- Xuño 2009 (2)
- Maio 2009 (3)
- Abril 2009 (6)
- Marzo 2009 (9)
- Febreiro 2009 (13)
- Xaneiro 2009 (15)
- Decembro 2008 (10)
- Novembro 2008 (17)
- Outubro 2008 (11)
- Setembro 2008 (5)
- Agosto 2008 (1)
- Xullo 2008 (1)
-
Categorías
-
RSS
Entradas RSS
Comentarios RSS


