Cita do artigo de Manuel Vicent en El País: “Delación”, 2 de novembro de 2008. A xulgar polas verbas de Mary McCarthy, non debía ser esta unha virtude dos florentinos medievais:
“Avaros, envexosos e soberbios”, os florentinos estaban posuídos por un sentimento de rivalidade e independencia feroces, e por unha determinación que ninguén podía superar. Todos os cronistas están de acordo en que esta era a causa das súas axitacións civís: unha ambición sen límites e, como consecuencia, unha envexa arrogante. Cada home quería ser o primeiro e ningún podía tolerar que outro lle pasase por diante. As torres volvéronse cada vez máis altas a medida que os burgueses copiaban aos nobres, e a cidade quedou convertida nunha especie de Babel multiplicada, cun bo número de torres de sesenta metros de altura e algunhas incluso máis altas.”
Mary McCarthy: “Pedras de Florencia”.
É un bo momento para lembrar ao autor de “A noiva de Matisse”.
