Feeds:
Anotacións
Comentarios

Arquivo de Novembro, 2008

Santullano

A arte asturiana, ao longo do século IX, elabora unha serie de criterios estético-arquitectónicos que profundizan metódicamente no legado da tradición hispánica. Eses novos valores estéticos afloran no reinado de Alfonso II (791-842), acadan o esplendor na etapa ramirense (Ramiro I, 842-850) e culminan coa simplificación da linguaxe artística en tempos de Alfonso III (866-910).
Na [...]

Read Full Post »

Chegou “El Greco”

  
Baseada nunha adaptación libre da novela de Dimitris Siatopoulos “El Greco, o pintor de Deus”, a película protagonizada por Nick Ashdon, Juan Diego Botto e Laia Marull retrata a traxectoria artística de Doménikos Theotokópulos desde o seu período de formación cretense ata a instalación en Toledo como artista valorado, incluíndo o seu paso polo obradoiro venecián [...]

Read Full Post »

       
Do primeiro pazo musulmán en al-Andalus, o pazo omeia de Rusafa, non quedan restos. Sen embargo, hai moitos restos de Madinat al-Zahra, construida por Abd al-Rahman III (912-961) e que recibe o seu nome da esposa favorita do califa.
“A cidade-pazo, que acabaría aloxando a 12.000 persoas, foi comezada en 936 e supostamente [...]

Read Full Post »

    
“En España hai múltiples matices climáticos, predominando o tipo mediterráneo, que queda influído pola continentalidade da Península, e unha estreita franxa costeira ligada á vertente norte e noroeste, cun clima oceánico temperado-frío.
En definitiva, obsérvanse dous dominios climáticos fundamentais:
a) Temperado-cálido ou mediterráneo (subtropical), ligado ao “Gran Sur”, ou sexa, grande parte de España peninsular, ao [...]

Read Full Post »

 
 
  
 
 
   Na última conferencia sobre a arte flamenca celebrada na sede da Fundación Barrié en A Coruña, o profesor Nieto Alcaide disertou sobre os polípticos, incidindo no seu carácter articulado e móbil, como exemplos de “artiluxios para o relato” que, a partir do século XV, veñen a sustituir aos grandes ciclos de escultura aloxados nas portadas [...]

Read Full Post »

A mesquita de Córdoba

    
“A oración é un dos pilares do Islam -os outros catro son a esmola, o xexún, a peregrinación e a profesión de fe-. O musulmán devoto reza cinco veces ao día e, en xeral, pode facelo na casa ou onde se atope, excepto unha vez á semana, o venres a mediodía, cando todos os [...]

Read Full Post »

A auga en España

 
A auga é un ben escaso. E consumimos moita a diario. Segundo o INE, a media de consumo por habitante ao día en España no ano 2006 era de 160 litros; ben é certo que o maior consumo se produce alí onde menos precipitacións hai, isto é, na metade sur peninsular -coa salvedade do [...]

Read Full Post »

   
Os visigodos, pobo xermánico emigrado desde o oriente europeo tras o século III e convertidos ao arrianismo -declarado herético no concilio de Nicea en 325-, foron instalados en tempos de Teodosio como defensores do Imperio e tomando partido no exército para previr invasións doutros bárbaros. Instalados no SL das Galias ata a súa [...]

Read Full Post »

Con Rembrandt no Prado

   
O fin de semana pasado tivemos ocasión de admirar a Rembrandt no Museo do Prado. A exposición, con 40 obras do autor, percorre as principais etapas do mestre holandés, desde o período de formación en Leiden ata a etapa de madurez, centrándose en historias bíblicas e mitolóxicas.
Alí atopamos a Lapidación de Santo Estevo (1625), primeiro [...]

Read Full Post »

  
Dentro do curso sobre a influencia da arte flamenca na arte hispana, organizado pola Fundación Barrié, o profesor Joaquín Yarza disertou -tomando como base o breviario da raíña Isabel- sobre a significada transcedencia da miniatura na arte de finais do século XV, e enfatizou unha serie de aspectos singulares a xeito de conclusión: a) a relación [...]

Read Full Post »

Teodora

   
“Unha vez díxome -este era o relato de seu pai, só e amargado, en resposta a algunha pregunta lamentablemente audaz de Xoan- que nunha ocasión representou unha parodia sobre Leda e o cisne ante miles de espectadores nun teatro público de Constantinopla. Sementou grans por todo o corpo e tamén baixo a faixa de [...]

Read Full Post »

Kuppelbasilikas

     
Os soños imperiais bizantinos acadan a súa manifestación arquitectónica na grande basílica cupulada (kuppelbasilika) de Santa Sofía de Constantinopla, mandada erixir por Xustiniano entre 532 e 537. O edificio, de grandes dimensións, insiste no verticalismo, evocando a alegoría da autoridade divina sobre a terra. A partir da tradición inaugurada por Plotino, impoñíase elaborar no interior [...]

Read Full Post »

 
No curso sobre pintura flamenca no Museo do Prado (“De Van Eyck a Rubens”), o profesor Francisco Calvo Serraller disertou na conferencia inaugural, sobre “A pegada dos flamencos”. A idea principal da mesma foi facernos entender que Flandes moderniza a arte occidental, insufla vida á mesma. E para corroboralo, o orador esbozou exemplos e relacións [...]

Read Full Post »

 
A relixión cristiá, perseguida ata o Edicto de Milán (313), atendeu ás necesidades de culto e enterramento en casas particulares e catacumbas. Nestas últimas, as cámaras abertas ás galerías, ou cubiculi, albergaban os restos de defuntos comúns, mentres que aos notables estaba reservado o espazo cuberto con arco semicircular que constituía o arcosolium. As pinturas ao [...]

Read Full Post »

Un mapa do tempo

 
Á hora de comentar un mapa do tempo é preciso ter en conta os centros de acción, as frontes e a situación atmosférica que se deriva. Poñamos por exemplo os mapas de masas de aire e mapa de isobaras que AEMet (a Axencia Estatal de Meteoroloxía, antigo INM) nos ofrece ás 00.00 horas do 4 de [...]

Read Full Post »

 
O proceso de creación das imaxes cristiás, asociadas inicialmente a iconografías grecorromanas ás que se dota dun novo significado, acada unha importante difusión coa plasmación de historias de salvación nos frontais dos sartegos paleocristiáns. Cun nivel técnico inferior ao relevo clásico, estas historias pretenden sensibilizar ao fiel de cara a ter exemplos a seguir, [...]

Read Full Post »

Cita do artigo de Manuel Vicent en El País: “Delación”, 2 de novembro de 2008. A xulgar polas verbas de Mary McCarthy, non debía ser esta unha virtude dos florentinos medievais:
“Avaros, envexosos e soberbios”, os florentinos estaban posuídos por un sentimento de rivalidade e independencia feroces, e por unha determinación que ninguén podía superar. Todos os cronistas [...]

Read Full Post »