Esculturas helenísticas
Conta Luis Antonio de Villena que a Beleza “era representada (e simbolizada) esencialmente polo masculino xove e eurítmico, é dicir, en rigor e proporción a un canon. Mais, sobre todo, desde o triunfo do Helenismo, empezarán a exhibirse outros modelos -acaso menos prestixiosos- de beleza hercúlea.” Non só o canon se estiliza no Apolo de Belvedere seguindo modelos lisípeos; tamén a hercúlea beleza se manifesta no Torso de Belvedere, evocando a musculatura do Hércules Farnesio do propio Lisipo.
A mesma musculatura prominente que o xigante alado Alcioneo amosa cando berra de dor despois de ser mordido pola serpe de Atenea. A escena ten lugar no magnífico altar de Zeus en Pérgamo reconstruído no Museo de Berlín, un bo exemplo da herdanza do pathos de Scopas -ben presente na súa Ménade- nunha composición marcada polo notable dinamismo e barroquismo.
Mais o culmen da estatuaria helenística probablemente se atopa no Laocoonte de inspiración literaria, cando Virxilio nos relata:
“Laocoonte, a quen a sorte designara como sacerdote de Neptuno, estaba sacrificando no altar un enorme touro. Entón, desde a illa de Ténedos, polas augas tranquilas e profundas (eu lémbroo con horror), dúas serpes de xigantescos aneis exténdense pesadamente polo mar e ó mesmo tempo diríxense cara á beira; e, erguidos os seus peitos sobre as augas, as súas crestas cor de sangue dominan as vagas. O resto dos corpos deslízase lentamente sobre a superficie das augas, e a súa enorme mole arrastraba os seus plegues tortuosos. Resoa o escumoso mar; xa tocan terra e os ardentes ollos, inxectados en sangue e lume, coas súas vibrantes línguas lambían as súas fauces asubiantes.
Exangües ante o que viamos, fuximos; pero elas, con avance seguro, diríxense a Laocoonte, e primeiro as serpes enróscanse nos pequenos corpos dos seus dous fillos e a mordeduras devoran os desditados membros; despois, ó iro pai no seu auxilio coas armas na man, aprésano e estrúxano cos seus grandes nós. Por dúas veces enroscan o seu escamoso corpo arredor da cintura, dúas veces tamén arredor do seu pescozo, sobrándolles as cabezas e as colas. El tenta arrancar os nós coas súas mans; as súas vendas vense empapadas de baba e o touro ferido cando abandona o altar sacude da cerviz a machada mal cravada. E as dúas serpes fuxen deslizándose cara ós altos templos; gañan rapidamente o santuario da Tritonia e escóndense baixo os pés da deusa, debaixo da redonda cavidade do escudo.”
Virxilio: Eneida.
Os modelos femininos do helenismo son herdeiros, de xeito natural, de Praxíteles. A Venus de Milo e a Victoria de Samotracia ben poden ser exemplos dunha beleza distante, marcada por acentuados contrapostos.
Aínda non hai comentarios.
Deixa un comentario
-
Recente
-
Ligazóns
- Kalipedia
- ArteHistoria
- INE
- Meteogalicia
- AEmet
- Ciudad Pintura
- Apertium (tradutor)
- SIXPAC
- SIGPAC
- Museo do Prado
- Caladiños: O blog de Heladio
- Sine Nomine
- Josephine Baker
- O ano que vivimos perigosamente
- Sofia Rotaru
- A Terra do Preste Xoán
- IniciArte
- Bucovina
- Libro de Xeografía interactivo
- GeoCrítica
- Europeana
-
Arquivos
- Xuño 2009 (2)
- Maio 2009 (3)
- Abril 2009 (6)
- Marzo 2009 (9)
- Febreiro 2009 (13)
- Xaneiro 2009 (15)
- Decembro 2008 (10)
- Novembro 2008 (17)
- Outubro 2008 (11)
- Setembro 2008 (5)
- Agosto 2008 (1)
- Xullo 2008 (1)
-
Categorías
-
RSS
Entradas RSS
Comentarios RSS
