O valor do arco de Tito, construído (81 d.C.) anos despois da morte deste emperador, reside esencialmente na decoración escultórica dos paneis internos, que narran a entrada triunfal de Tito en Roma, acompañado dos trofeos da súa victoria ante os xudeus no ano 70. Na beira norte, os lictores coas súas fasces preceden ao emperador [...]
Arquivo de Outubro, 2008
Triunfos imperiais
Posted in Arte, Arte romana on 28/10/2008 | Deixa un comentario »
Iconografías augusteas
Posted in Arte, Arte romana on 27/10/2008 | Deixa un comentario »
O divinizado Augusto, ascendido xa ao Olimpo -así o indican os seus pés descalzos- preséntasenos na escultura de Prima Porta descuberta tras unha excavación de 1863. É unha mestura da iconografía itálica (tomando como base o Arringatore), sometida ao esquema clásico (o do Doríforo de Policleto), e engadindo o gusto polos detalles menores e [...]
Albedos
Posted in Climatoloxía, Xeografía on 27/10/2008 | Deixa un comentario »
O albedo é a proporción de luz recibida por un corpo celeste que é reflectida novamente cara ao espazo exterior. Aplicado ao planeta Terra, aquelas superficies máis brancas ou claras -desprovistas de vexetación- son aquelas con maior albedo; canto máis escuras sexan esas superficies, menor será o albedo. Deste xeito, as superficies cubertas de [...]
Retratos romanos da República
Posted in Arte, Arte romana on 23/10/2008 | Deixa un comentario »
A escultura romana en período republicano comeza sendo de clara influencia etrusca -con autores de influencia xonia como Vulca de Veyes-, antes da consolidación do retrato a xeito de xénero específico.
Os retratos individualizados, a partir do século IV a.C., expresan admiración pola austeridade, a sabedoría ou a idade do personaxe; isto é o que sucede co Lucius [...]
Modelados do relevo
Posted in Xeografía, Xeografía física, Xeomorfoloxía on 20/10/2008 | 1 Comentario »
Na Península Ibérica, e dependendo da litoloxía e os procesos morfoxenéticos predominantes, impóñense modelados do relevo dispares: no antigo Macizo Hespérico, os batolitos graníticos crebáronse dando lugar a horsts e grabens que son sometidos a xelifracción e se descompoñen en campos de bolos e pedras cabaleiras; nas serras calcáreas pregadas a consecuencia da oroxénese [...]
Pinceladas de arquitectura romana
Posted in Arte, Arte romana on 16/10/2008 | Deixa un comentario »
Indro Montanelli falounos na súa Historia de Roma, entroutros moitos detalles, das orixes da cidade. Ao final das guerras púnicas, segundo o autor, na urbe “dúas rúas principais cruzábanse dividíndoa en catro barrios, os chamados lari compitali, aos que se elevaban estatuas en todos os recantos. Eran rúas estreitas e de terra [...]
Esculturas helenísticas
Posted in Arte, Arte grega on 13/10/2008 | Deixa un comentario »
Conta Luis Antonio de Villena que a Beleza “era representada (e simbolizada) esencialmente polo masculino xove e eurítmico, é dicir, en rigor e proporción a un canon. Mais, sobre todo, desde o triunfo do Helenismo, empezarán a exhibirse outros modelos -acaso menos prestixiosos- de beleza hercúlea.” Non só o canon se estiliza no Apolo de [...]
Cara ao canon
Posted in Arte, Arte grega on 08/10/2008 | Deixa un comentario »
Non parece que, cando Yves Saint Laurent elexiu para un perfume seu o nome de Kouros, pensase nunha imaxe xeométrica, inexpresiva, frontal e ríxida. E, sen embargo, foi así sempre, seguindo a tradición das estatuas-bloque exipcias, como se definiron as primeiras imaxes en bulto redondo dos espidos masculinos do arcaísmo grego. Esa mesma rixidez atopámola [...]
Evolución xeolóxica da península ibérica
Posted in Xeografía, Xeografía física, Xeomorfoloxía on 06/10/2008 | 1 Comentario »
Coñecer brevemente a evolución xeolóxica e xeomorfolóxica da Península Ibérica conleva coñecer as eras xeolóxicas e salientar algúns dos episodios máis significativos:
a) a presenza dun rochedo precámbrico con manifestacións no ollo de sapo no macizo galaico;
b) a acción da oroxenia herciniana, a finais do Paleozoico, que deixou como herdanza a dirección NO-SL, habitual en [...]
W. Eugene Smith
Posted in Arte on 02/10/2008 | Deixa un comentario »
Ven de inaugurarse en A Coruña unha exposición fotográfica sobre W. Eugene Smith, na Fundación Caixa Galicia. Nela descóbrese a traxectoria dun dos creadores do reportaxe fotográfico en clave realista, a través dos seus iniciais traballos para a revista Life e outros proxectos persoais. A mostra inclúe desde as primeiras fotografías de guerra, realizadas en [...]
Erecteion
Posted in Arte, Arte grega on 02/10/2008 | Deixa un comentario »
A construción do Erecteion foi iniciada no 421, abandonada durante a guerra de Sicilia e reemprendida nos anos 409-407 a.C. Trátase dun conxunto anómalo, do que as masas están determinadas por especiais circunstancias de culto e polos desniveis do terreo.
“O edificio, de planta rectangular (13,00 x 24,78 m) ten sobre a súa fronte oriental [...]