Unha axuda para setembro
Coa finalidade de axudar a preparar un pouco mellor o exame de setembro de Historia do Mundo Contemporáneo, remitímosvos a algunhas imaxes -ordeadas cronolóxicamente- e documentación complementaria para algúns aspectos dese exame extraordinario. En todo caso, non deixedes de consultar os posts de Historia xa publicados no blogue ao longo do curso académico 2007-08.
Un tema importante é a evolución dos movementos sociais no século XIX, desde as primeiras protestas ludistas ata as propostas marxistas, sen esquecer a creación de partidos obreiros, dos que o SPD foi o primeiro en artellarse, e foi criticado por Marx e Engels despois da publicación do programa de Gotha.
Tamén resulta significativa a evolución de Rusia ao longo do século XX, que parte dunha situación case feudal a comezos de século, denunciada por Tolstoi nunha carta ao tsar Nicolás II: “Querido irmán:
Este cualificativo paréceme o máis conveniente porque, nesta carta, diríxome menos ao emperador e ao home, que ao irmán. E, ademais, escríbovos case dende o outro mundo, atopándome en espera dunha morte moi próxima. (…)
Unha terceira parte de Rusia está sometida a unha continua vixilancia policiaca; o exército de policías coñecidos e segredos aumenta sen cesar; as prisións, os lugares de deportación e os calabozos están repletos; á parte de douscentos mil criminais de dereito común, hai un número considerable de condenados políticos entre os cales existen agora multitude de obreiros. A censura coas súas medidas represivas chegou ata un grao tal que non alcanzou nos peores momentos dos anos que seguiron o de 1840. As persecucións relixiosas non foron nunca tan frecuentes nin tan crueis como a son agora, e cada vez van sendo máis frecuentes e máis crueis.
Nas cidades e nos centros industriais concentráronse as tropas, que armadas de fusís se enviaron contra o pobo. Nalgúns puntos xa se produciron choques e matanzas e noutros puntos prepáranse, e a súa crueldade aínda será maior.”, pasando pola revolución bolxevique de 1917 e chegando á descomposición do réxime tras a aplicación das políticas reformistas de perestroika e glasnost por Gorbachov. Esa “caída do Imperio” que tan ben retrata Kapuscinski.
Convén non desaproveitar a ocasión para lembrar aquela cita de Chéjov: “Rusia é un país tan grande que non hai sitio para un home pequeno.” ; ou a do noso querido Joseph Conrad en 1911: “Hai algo divino, impenetrábel na alma rusa, sexa europea ou asiática, e é a resignación.”; incluso o chiste que Igor, compañeiro da viaxe que levou a Manuel Leguineche a escribir “Nai Volga“: “Durante anos estivemos ao bordo do abismo; queridos camaradas, agora demos un grande paso á fronte.”
“A Gorby, ao que seguín de Xinebra a Reikiavik, moi presionado polo fenómeno da perestroika, odiábano. Cando recibíu o Nobel da Paz, os xornais titulaban con sarcasmo en primeira: “Escaseza de menciñas nas farmacias”, “Baixa un 63 por cento a produtividade no campo”, “Descende en picado a esperanza de vida dos rusos”.
M. Leguineche: “Nai Volga”
“O mariscal Brezhnev, presidente do presidium do Sóviet Supremo, era un apaixoado dos coches. Sabedores dos seus caprichos, os líderes occidentais regaláronlle: Rolls Royce, os británicos; Mercedes, os alemáns; Citroëns como o de Charles de Gaulle, os franceses; Ferraris, os italianos; Chryslers, os estadounidenses. Un chiste circulou neste senso durante os anos setenta en torno a Leonid Ilich Brezhnev, o de cellas de bufo. Para impresionar á súa nai, invitouna ao Kremlin, amosoulle os seus poderes e pertenzas, o seu nivel de vida, os seus coches alineados no garaxe, as súas dachas, as súas alfombras persas, os seus cotizados cadros, as súas lexións de criados, todo para que comprobase o lonxe que chegara desde que abandoou a aldea ucraína. Pero mamá Brezhnev, impasíbel, non movía un músculo. Nengunha daquelas marabillas parecía impresionala. O secretario do PCUS (1964-1982) levouna entón ata o pavillón de caza, que era un pazo versallesco. Paseouna polos xardíns, fixo que tocase a orquestra de moitos profesores, amosoulle a pinacoteca, os salóns de ouros e caobas, as paredes de platino, a biblioteca chea de incunábeis, as espadas de Wan, os frescos de Andréi Rubliov, a coroa de Pedro o Grande.
- Ben, nai, di algo. Que che parecen os tesouros que o teu fillo conseguíu?
- Está ben, moi ben, fillo, pero, que pasará cando volvan os roxos?”
M. Leguineche: “Nai Volga”
“Isbas, casiñas de madeira, centrais hidroeléctricas, igrexas. “Templos de kilovatios”, chamaba o poeta Evtuchenko ás centrais. Nos países socialistas e nas ditaduras militares a fonte de inspiración do poeta oficial eran a hidroelectricidade, as petroquímicas, as presas e encoros, a eixada, o tractor, a colleitadora. Son como o tren blindado en tempo de paz. En medio, a arquitectura civil soviética deixounos estes bloques de edificios orwellianos, de paralelepípedos prefabricados, todos iguais, todos angostos, onde o individualismo desaparece en favor da Komunalka, os pisos comúns, a colectividade e o baixo orzamento.”
M. Leguineche: “Nai Volga”
* Presta atención, entroutros, aos seguintes termos: apartheid, boulismo, comuna, fascismo, Estado do benestar, NEP, New Deal, ostpolitik, shoá, soviet, sufraxismo.
* Investiga sobre a historia de Iugoslavia desde a súa creación tras a Primeira Guerra Mundial ou a historia da República Popular de China. Non deixes de prestar atención ás unificacións de Italia e Alemaña no século XIX.
* Lembra os tratados de paz asinados tras a Primeira Guerra Mundial e a creación da SDN.
-
Recente
-
Ligazóns
- Kalipedia
- ArteHistoria
- INE
- Meteogalicia
- AEmet
- Ciudad Pintura
- Apertium (tradutor)
- SIXPAC
- SIGPAC
- Museo do Prado
- Caladiños: O blog de Heladio
- Sine Nomine
- Josephine Baker
- O ano que vivimos perigosamente
- Sofia Rotaru
- A Terra do Preste Xoán
- IniciArte
- Bucovina
- Libro de Xeografía interactivo
- GeoCrítica
- Europeana
- AGE
- Cartothèque
- La cartographie de Le Monde Diplomatique
- Recursos de Hª da Arte
- Clic Sociais
- Presentacións en galego de Arte e Xeografía
- ArteSauces
- Web de Isaac Buzo
- Salle Virtuelle SB
- Ressources didactiques pour apprendre Géographie
- Revista Contraclave
-
Arquivos
- Novembro 2009 (7)
- Outubro 2009 (16)
- Setembro 2009 (7)
- Agosto 2009 (1)
- Xuño 2009 (2)
- Maio 2009 (3)
- Abril 2009 (6)
- Marzo 2009 (9)
- Febreiro 2009 (13)
- Xaneiro 2009 (15)
- Decembro 2008 (10)
- Novembro 2008 (17)
-
Categorías
-
RSS
Entradas RSS
Comentarios RSS


