Andiamo per Roma
Imos realizar unha viaxe cultural a Roma. Imos coñecer a Cidade Eterna, a urbe da que Stendhal dicía que “é costume inmemorial entre as xentes afectadas emocionarse ao chegar”. Por momentos, a visión da cúpula de San Pedro conmovíao tanto que dicía “non hai na terra nada comparable a isto. A alma conmóvese e elévase; unha tranquila felicidade invádea por completo”.
O noso programa inclúe:
1º día: visita a Santa Maria Maggiore e San Pietro in Vincoli.
2º día: visita á Roma clásica, incluindo a Praza do Campidoglio, os Museos Capitolinos, os Foros Imperiais. Máis tarde, visita ao Trastevere.
3º día: Visita a San Pedro do Vaticano e Museos Vaticanos.
4º día: Visita á Via Appia Antica e as catacumbas de San Calixto. Non estará mal tentar ver o porto de Ostia.
5º día: Visita á Galeria Borghese, Fontana di Trevi, Piazza Spagna, Pantheon, Piazza Navona, San Carlo alle Quatro Fontane, Sant’Andrea al Quirinale.
- Interésate pola lingua italiana a traverso dun curso on-line.
- Consulta propostas de lecer na cidade. Visita as propostas de http://www.romaturismo.it/v2/romain48ore/en/romain4896ore.html e realiza unha visita virtual. Podes suxestionarte con outras visitas de interese.
“(…) Esta praza ábrese á inmensa columnata en dous semicírculos a dereita e esquerda que tan ben anuncia o templo máis belo da relixión cristiá. O espectador divisa á dereita, por enriba desta columnata, un pazo moi alto: é o Vaticano. Para o efecto de San Pedro, sería mellor que non existise este pazo. A praza comprendida entre as dúas partes semicirculares da columnata de Bernini (pero, por favor, mirade unha litografía de San Pedro), é ao meu xuizo a máis bela que existe. No centro, un grande obelisco exipcio; a dereita e esquerda, dúas fontes sempre funcionando, das que as augas, despois de subir en surtidor, caen en amplos recipientes. Este rumor tranquilo e continuo resoa entre as dúas columnatas e inclina ao ensoñamento. Este momento predispón admirablemente para emocionarse con San Pedro, (…) . A praza ovalada, da que os extremos rematan nas dúas partes da columnata, ten setecentos trinta e oito pés de longo por cincocentos oitenta e oito de ancho. Despois ven unha praza case cadrada e que remata na fachada da igrexa. A lonxitude total destas tres prazas que preceden a San Pedro é, a partir da rúa pola que se chega, mil cento corenta e oito pés. Os dous pórticos circulares de Bernini compóñense de duascentas oitenta e catro grandes columnas de pedra calcárea e de sesenta e catro pilastras; estas columnas forman tres galerías. En certas solemnidades, as carrozas dos cardeais pasan baixo a do centro. A base das columnas é de orde toscana; o fuste, de orde dórica, e as cornixas, de orde xónica. Miden trinta e nove pés e dous terzos de altura. Os dous pórticos semicirculares miden cincuenta e seis pés de ancho por cincuenta e cinco de altura. A balaustrada superior está ornada de cento noventa e dúas estatuas de doce pés de altura, como a da Ponte Lois XV. As estatuas de Roma son de pedra calcárea; foron feitas baixo a dirección do cabaleiro Bernini, e teñen actitudes bastante ridículas, mais non se miran, e, como están ben situadas, contribúen ao ornamento.”
Stendhal: “Paseos por Roma”
- Podedes realizar este breve cuestionario a continuación:
* Con que foi dourado o artesonado de Santa Maria Maggiore?
* Como estaba concebido inicialmente e como se realizou o mausoleo de Xulio II?
* Quen diseñou a praza do Campidoglio?
* Anota as características da Venus Capitolina, a Amazona ferida, o Sátiro en repouso, o Galo moribundo, a Loba Capitolina, o Espiñario, a estatua ecuestre de Marco Aurelio, a cabeza colosal de Constantino e o retrato de Caracalla. Infórmate máis a fondo sobre a estatua de Marco Aurelio e o galo moribundo.
* Visualiza este vídeo sobre o Coliseo e unha recreación de National Geographic do edificio.
* Infórmate sobre o arco de Tito e as características xerais dos arcos de triunfo en Roma.
* Quen diseñou San Pietro in Montorio? Sinala os elementos clásicos do templo.
* Olla este vídeo sobre a basílica de San Pedro do Vaticano e outro sobre a súa conclusión e a columnata de Bernini. Resume as historias bíblicas principais contadas na bóveda da capela Sixtina. Sinala a disposición da composición do Xuizo Final nesa mesma capela. Visita virtualmente a Stanza della Signatura e consulta os detalles máis significativos da Escola de Atenas. Coñece os detalles máis importantes da Piedade de Miguel Anxo.
* Infórmate sobre a obra de Bernini, e coñece algunha das súas obras máis significativas: o David, Apolo e Dafne, o Éxtase de Santa Tareixa.
* Analiza a distribución das termas de Caracalla.
* Infórmate sobre algunhas das obras máis importantes da Galeria Borghese: Amor sacro e amor profano, David coa cabeza de Goliat, Paulina Bonaparte.
* Que figuras alegóricas presiden a Fontana di Trevi?
* Olla un vídeo sobre o Pantheon e resume as características do edificio.
* Sobre que resto da antigüidade está situada actualmente a Piazza Navona? Compara a visión de Vanvitelli en 1699 da praza coa visión que ti teñas dela.
1 comentario »
Deixa un comentario
-
Recente
-
Ligazóns
- Kalipedia
- ArteHistoria
- INE
- Meteogalicia
- AEmet
- Ciudad Pintura
- Apertium (tradutor)
- SIXPAC
- SIGPAC
- Museo do Prado
- Caladiños: O blog de Heladio
- Sine Nomine
- Josephine Baker
- O ano que vivimos perigosamente
- Sofia Rotaru
- A Terra do Preste Xoán
- IniciArte
- Bucovina
- Libro de Xeografía interactivo
- GeoCrítica
- Europeana
-
Arquivos
- Xuño 2009 (2)
- Maio 2009 (3)
- Abril 2009 (6)
- Marzo 2009 (9)
- Febreiro 2009 (13)
- Xaneiro 2009 (15)
- Decembro 2008 (10)
- Novembro 2008 (17)
- Outubro 2008 (11)
- Setembro 2008 (5)
- Agosto 2008 (1)
- Xullo 2008 (1)
-
Categorías
-
RSS
Entradas RSS
Comentarios RSS

fue increíble
tenemos que intercambiar fotos!