En busca da paridade
É hora de que os dous sexos da humanidade asuman con paridade responsabilidades políticas. Lembro as teses de Gilles Lipovetsky en “A terceira muller”, cando sinalaba que, desde hai catro décadas, a muller no mundo occidental se move nun escenario no que ten conquistado o poder de dispor de si mesma, decidir sobre o seu corpo e a fecundidade, o dereito ao coñecemento e a desempeñar calquera actividade. A Terceira Muller rexeitaba o modelo de vida masculino, deixarse tragar polo traballo e a atrofia sentimental e comunicativa, mais incorporándose con plenitude ás actividades da vida pública.
E ven todo isto a conto de terse retirado da carreira política pola presidencia dos Estados Unidos de Norteamérica a primeira muller que contou con posibilidades de selo: Hillary Clinton. Mais quizás sexa hora de lembrar a moitas mulleres que tiveron nas súas mans responsabilidades de goberno e abriron camiño cara a unha paridade na xestión política tan interesante como necesaria.
É o momento de lembrar a Indira Gandhi, Margaret Thatcher, Benazir Bhutto ou ben outras en activo, como Ellen Johnson-Sirleaf, Michelle Bachelet, Tarja Halonen ou Gloria Macapagal.
Aínda non hai comentarios.
Deixa un comentario
-
Recente
-
Ligazóns
- Kalipedia
- ArteHistoria
- INE
- Meteogalicia
- AEmet
- Ciudad Pintura
- Apertium (tradutor)
- SIXPAC
- SIGPAC
- Museo do Prado
- Caladiños: O blog de Heladio
- Sine Nomine
- Josephine Baker
- O ano que vivimos perigosamente
- Sofia Rotaru
- A Terra do Preste Xoán
- IniciArte
- Bucovina
- Libro de Xeografía interactivo
- GeoCrítica
- Europeana
-
Arquivos
- Xuño 2009 (2)
- Maio 2009 (3)
- Abril 2009 (6)
- Marzo 2009 (9)
- Febreiro 2009 (13)
- Xaneiro 2009 (15)
- Decembro 2008 (10)
- Novembro 2008 (17)
- Outubro 2008 (11)
- Setembro 2008 (5)
- Agosto 2008 (1)
- Xullo 2008 (1)
-
Categorías
-
RSS
Entradas RSS
Comentarios RSS


