Conflitos iugoslavos


   

O Reino de Serbios, Croatas e Eslovenos, creado en 1918, adoptou o nome oficial de Iugoslavia en 1929. Trala Segunda Guerra Mundial, e ata 1980, permaneceu como unha república socialista federal, seguindo o modelo autoxestionario impulsado por Tito. Mais á morte deste dirixente, e asumida a dirección por unha presidencia colectiva de oito membros, as tensións nacionalistas comezaron a aflorar. Finalmente, o expansionismo serbio, alentado por Slobodan Milosevic, unido aos cambios producidos na Europa do Leste a partir de 1989, provocaron a ruptura do Estado: en 1990 foi abolida a autonomía de Kosovo; os serbios de Krajina declararon a súa separación de Croacia en marzo de 1991; en xuño e xullo dese mesmo ano, Eslovenia e Croacia independizáronse da república federal; en 1992 formulan a súa independencia Macedonia e Bosnia-Herzegovina, e tamén Serbia e Montenegro crean a República Federal de Iugoslavia.

Bosnia converteuse, 50 anos despois da Segunda Guerra Mundial, na vergoña de Europa por un conflito militar que se prolongou entre 1992 e 1995 e, incluso coa intervención dos cascos azuis da ONU, asistiu a episodios tan lamentables como o de Srebrenica ata concluir cos acordos de Dayton. Sucesos como este e a crise de Kosovo levarían á caída de Milosevic e o seu inconcluso xuizo (Slobo morreu en cautividade en 2006) diante do Tribunal Penal Internacional da Haia. A finais da década de 1990 estourou definitivamente o conflito de Kosovo, que, despois dos bombardeos da OTAN en 1999, foi administrado pola ONU. Unilateralmente, Kosovo declarou a súa independencia en febreiro de 2008.

Este espazo que foi a antiga Iugoslavia, mestura de etnias e culturas diversas, antigo espazo de choque entre os Imperios austríaco e otomán, viuse envolto nas últimas dúas décadas en tensións nacionalistas que provocaron a creba final da unidade estatal. É un exemplo de como a caída do socialismo real fixo aflorar sentimentos ocultos que noutros lugares (véxase, por exemplo, a revolución de terciopelo en Checoslovaquia, e a posterior división do país en dous Estados, República Checa e Eslovaquia) deron lugar a transicións pacíficas. Non aconteceu o mesmo na ex-Iugoslavia.

“Como escribiu Alain Finkielkraut, a guerra de Kosovo comezou en 1989, cando Slobodan Milosevic, iniciando a frenética campaña de exaltación nacionalista serbia que lle permitiu facerse co poder absoluto (e, ao mismo tempo, precipitou a desintegración da Federación iugoslava), aboliu o estatuto de autonomía daquela provincia, prohibiu aos kosovares albaneses as súas escolas e toda representatividade pública, e, pese a constituir o noventa por cento da población, converteunos en ciudadáns de segunda respecto ao dez por cento restante (a minoría serbia). Se naquel momento os países occidentais apoiasen aos demócratas que en Iugoslavia resistían ao rechoncho apparatchik que, a fin de consolidarse no poder, mudou a súa ideoloxía marxista polo nacionalismo e provocaba a eslovenos, croatas, bosnios e kosovares coa ameaza duna hexemonía serbia sobre a Federación para, no clima de división e xenofobia así creado, impedir a democratización de Iugoslavia que tería posto fin á súa carreira política, Europa tería aforrado os douscentos mil mortos de Bosnia e os sofrementos que, desde entón, padecen os Balcáns, incluidos, por suposto, os dos propios serbios.”

M. Vargas Llosa: “A cabeza de Milosevic”.

“Para un reporteiro de guerra, territorio comanche é o lugar onde o instinto di que pares e deas media volta. O lugar onde os camiños están desertos e as casas son ruinas chamoscadas; onde sempre semella a punto de anoitecer e camiñas pegado ás paredes, cara aos tiros que soan ao lonxe, mentres escoitas o ruido das túas pegadas sobre os cristais rotos. Territorio comanche é alí onde os oes esmagarse baixo as túas botas, e aínda que non os ves sabes que están a ollarte. Onde non ves os fusís, mais os fusís vente a ti.”

A. Pérez Reverte: “Territorio comanche”.

* Infórmate sobre “Underground”, de Emir Kusturica (tamén na Wikipedia). E olla e escoita unha versión do tema “Kalashnikov”, de Goran Bregovic. Na última escena da película, o anaco de terra que se desprende cara ao final do río representa a Bosnia-Herzegovina, o país natal de Kusturica, que está separado culturalmente e incomprendido por Europa. Un dos protagonistas, Ivan, di: “Construimos novas casas, con tellas vermellas, onde as cigoñas constrúen os seus niños e coas portas abertas aos nosos invitados. Agradecemos á terra que nos alimenta, ao Sol que nos quenta e aos campos que nos lembran os verdes pastos na casa. Así, con dor, tristeza e ledicia, lembramos o noso país cando contamos aos nosos nenos historias que comezan como todas as historias: “era unha vez unha terra…”. Bota unha ollada a esa derradeira escena do filme:

About these ads

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s