Pegada e débeda ecolóxicas
O día 5 de xuño foi establecido pola ONU, desde o Cumio de Estocolmo en 1972, como o “Día Mundial do Medio Ambiente”, como xeito de concienciarnos ante o deterioro continuo das condicións ambientais do planeta no que vivimos.
Ante a proximidade do evento, é unha boa ocasión para acudirmos á web do Observatorio da Débeda na Globalización e, por outra banda, calcular a nosa pegada ecolóxica.
* Consulta e resume os vídeos publicados en www.elpais.com con motivo do Día Internacional do Medio Ambiente 2008.
* Anota as ideas fundamentais que se citan no manual de boas prácticas ambientais publicado por SOGAMA.
