O blog de Xosé Antón

Un espazo para CC. Sociais, Xeografía e Arte

Unha foto da emigración

 

En 1957, no peirao de A Coruña, o fotógrafo Manuel Ferrol tomou unha das instantáneas máis famosas da emigración galega, cando o “home e o neno” -tal era o título da fotografía-, Manuel Ángel Calo e o seu fillo Xoan, despedían aos pais, unha irmá e varios primos, que viaxaban cara á Arxentina no “Juan de Garay”. Imaxes como esta inspiraron a Chano Piñeiro para as súas creacións “Mamasunción” e “Sempre Xonxa”.

Nesta imaxe maniféstase o drama da emigración, cando un dos destinos máis significativos era aínda América Latina, antes de que Europa fose receptor de emigrantes galegos nos anos 1960 e 1970. Bota unha ollada á imaxe de Manuel Ferrol e outras do mesmo autor.

Tamén Alberto Martí deixou constancia en 1960 doutra imaxe significativa, cando dous nenos tiñan perdido o barco que os levaría a Venezuela, tamén no peirao coruñés, lugar que tantas historias de despedidas pode lembrar.

* Consulta unhas actividades sobre a emigración en Galicia.

Maio 16, 2008 - Posted by xosea | Xeografía | | Non hai comentarios

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario