Maio 1968
A rebelión anárquica de 1968 sumíu a cidades como París nunha protesta estudantil e obreira que celebrou lemas como “Sexamos realistas. Pidamos o imposible”. Ese espírito de esquerdas, antiburgués, manifestado polos estudantes italianos en lemas tales como “Quero ser orfo”, rexeitando formalmente unha democracia acomodaticia e de consenso, instalada plenamente no crecemento económico de postguerra.
As protestas sociais de maio de 1968 en París amosaron unha creba da política de consenso reinante ata aquel momento. Cando François Ceyrac -presidente da patronal francesa- xacía no hospital despois de ”consensuar” a paz social cos sindicatos en febreiro a cambio dunha mellora nos salarios dos traballadores a tempo parcial, os estudantes de Nanterre, influenciados pola “revolución cultural” maoísta, botáronse á rúa en protesta contra o autoritarismo e reivindicando un novo feminismo que abrazaba a liberación sexual a xeito de protesta contra a moral represiva burguesa.
Finalmente, daquelas protestas de 1968 brotou un eurocomunismo separado dos presupostos soviéticos, unha nova esquerda que rexeitaba o sindicalismo tradicional como unha peza máis do sistema capitalista. E quedaron lemas inesquencíbeis: “Prohibido prohibir”, “A imaxinación ao poder” ou “O aburrimento é contrarrevolucionario”.
* Le un artigo de Timothy Garton Ash comparando as revolucións de 1968 e 1989 e reflexiona, entroutras, sobre esta afirmación:
“Na maioría das nosas sociedades, a meirande parte do tempo, as posibilidades de vida das mulleres, os homosexuais e as lesbianas, de todo tipo de minorías e clases sociais que ata o 68 se viran impedidas por unha xerarquización ríxida, son moito mellores hoxe que nunca. Incluso os críticos do 68 como Nicolas Sarkozy se beneficiaron desa transformación (¿podería ter chegado a presidente un divorciado fillo de inmigrantes no mundo idílico que, segundo el, existía antes do 68?)”.
Aínda non hai comentarios.
Deixa un comentario
-
Recente
-
Ligazóns
- Kalipedia
- ArteHistoria
- INE
- Meteogalicia
- AEmet
- Ciudad Pintura
- Apertium (tradutor)
- SIXPAC
- SIGPAC
- Museo do Prado
- Caladiños: O blog de Heladio
- Sine Nomine
- Josephine Baker
- O ano que vivimos perigosamente
- Sofia Rotaru
- A Terra do Preste Xoán
- IniciArte
- Bucovina
- Libro de Xeografía interactivo
- GeoCrítica
- Europeana
-
Arquivos
- Xuño 2009 (2)
- Maio 2009 (3)
- Abril 2009 (6)
- Marzo 2009 (9)
- Febreiro 2009 (13)
- Xaneiro 2009 (15)
- Decembro 2008 (10)
- Novembro 2008 (17)
- Outubro 2008 (11)
- Setembro 2008 (5)
- Agosto 2008 (1)
- Xullo 2008 (1)
-
Categorías
-
RSS
Entradas RSS
Comentarios RSS


